Venres 13 de marzo ás 20.30
O venres 13 teremos pesadelo punk amigable no Liceo. Novas xeracións do esputo, everybody!
Por unha banda, acolleremos por primeira vez ás Finale, novo sangue do lóstrego valenciá, que NON – PUTO – CESA. Calambre Larseniano de vómito, pis e futuro. Dixen futuro? FUTURO NON, claro. Massima electricidade, massima rúa, massima contorsión skateboardingorxatapunk. Absolutamente esencial.
E pola outra, as nosas Lampreíñas. Agora metidas nun proxecto ambicioso para acadar fama indie e meterse na radiofórmula, Hoyempiezatodo, Carolinadurantismo, etc., Die Eksposiven Lamprehen nos veñen explicar a movida con mini-furóns de melodía sinxela e directa a patata. Desde Vigo. Para o mundo.
Todo iso e menos por un donativo entre 5 e 10 pavos que lles daremos a elas directamente, non vaia ser que saquen a navalla ou a dialéctica antifeixista e nos fagan putas trizas!