Venres 1 de febreiro ás 20.30
SÍ! SÍ! SÍ! Volve o teatro ao Liceo Mutante.
As nosas colegas da compañía Pábulo retornan cun novo espectáculo. Metade compañía teatral, metade escola, todo delicia, volven transformados nun cabaret de variedades. Maxia por doquier.
Nas súas propias palabras:
‘ “FouranchCabaret” é un espectáculo de variedades de carácter interactivo, protagonizado polos personaxes máis vistosos e histriónicos reunidos dende os lugares máis recónditos para mostrarnos os seus peculiares talentos.
O estilo de traballo da escola de teatro Pábulo é un estilo Grotowskiano, baseado na estilización das formas e o espectáculo, unha das cousas que máis nos interesan é a transformación de obxectos non destinados a un fin teatral en principio, dentro das nosas principais características que nos definen neste estilo de teatro pobre é que non contamos con ningún tipo de vestiario senón que optamos por transformalo, outra destas moitas características sería a ruptura do espazo sacro que divide ao espectador do actor. ‘
Coma sempre, pedirase un donativo na porta de entre 5 e 10 euros, íntegro para as artistas. Aquí esperamos, en Rosalía de Castro nº 100.