Luns 5 de agosto ás 20.30
Exteriores da casa do mar, principios de agosto:
– Ei Pastrana, que tal?
– Home, Mugardos! E ti por aquí?
– Nada, dando un paseíño, quen me ía dicir que a comezos de agosto xa estaría con esta fame de concertos…
– Pois mira, estás de sorte porque este luns 5 de agosto veñen Futuro Terror e Dientes ó Liceo Mutante!
– Futuro Terror? Dientes? Os nomes molan moito, pero non os controlo…
– Non os coñeces? Futuro Terror son un trío alicantino que fai uns tremendos temazos de post punk acelerado e altamente coreable! Xa viñeron polo Liceo e deixaron a todo o mundo alucinado. Aquí tes o seu bandcamp: https://bcoredisc.bandcamp.com/album/precipicio
Ou podes botarlle unha ollada o vídeo de «Paso Dyatlov»: https://www.youtube.com/watch?v=oHGTU_c3T6k
– Buf, como soa iso!
– Flipaste, non? Pois para rematar a xogada estarlán tamén Dientes dende Vigo, que son Yago e Adri de Kings of the Beach en formato dúo metendo caña garaxeira e melodías guapas por dossier: https://youtu.be/SofZzB1ZxOY
– Soa guai, apúntome seguro! Ademáis no Liceo a entrada adoita ser un donativo a elexir entre 5 e 10 euros íntegros para as artistas, non?
– Claro! Abren portas as 20.00 e o concerto comezará as 20.30, podemos ir antes e andar por aí un rato, que sempre hai bo ambiente, e despois do concerto comer un pouco da cea vegana que fan que sempre está todo riquísimo…
– Pois nada, vemos alí. Que bonito ter cousas así un luns!