27 febrero 2017

Ghold



ghold

Mércores 1 de marzo ás 20.30: Ghold

Noite de tralliña para as reimaguistas, sludgeras e melvinstianas do Liceo Mutante e comarca.

Por se este dúo británico de sludge pesado, complexo e atávico non tiña suficiente con levar cabeza tractora e gabarra, agora son tres, sumando ao multiinstrumentista Oliver Martin no remolque.

O seu terceiro disco, PYL, andan a presentalo por toda Europa e é unha macarrada épica de riffs pesados, letras distópicas, e unha raiba administrada ao longo de catro temas que, se non os tocan, non os deixaremos marchar.

Atende!!!
https://ghold.bandcamp.com/

A túa monodose de leña para aguantar tanta parvada como hai no mundo, solicitando a cambio entre 5 e 8€ (á vontade) para que os artistas sigan o seu camiño.

Guardar