13 abril 2016

GNOD



gnod

Domingo 17 de abril ás 20.30

Ola xentiña.

Aquí estamos de novo presentándovos a crema máis cremosa do panorama sonidístico internacional. Así é, desta volta, nesta tarde de domingo acompañarannos os ingleses GNOD. Vas flipar.

GNOD son un pepino, un pepino voador moi grande que transmuta, cambia, se expande e se contrae durante a súa viaxe polas paisaxes máis recónditas e inexploradas do mapa sonoro.

Unha auténtica experiencia para os sentidos, poden proporcionarte a contundencia dos Swans máis salvaxes, pasando por paisaxes electrónicas máis propias do Aphex Twin ou liberar o mantra do free-jazz-noise dos Zu.

De quen son estes tipos?, pois veñen de Manchester, e son un colectivo de músicos que levan dende o 2007, polo que pasaron xa máis de 30 artistas. A súa ampla discografía conta con a lo menos 20 referencias, escoita e disfruta aquí algunhas delas:
http://gnod.bandcamp.com/music

Toda a potencia, así empaquetadiña e lista para tí, por 5 euriños de donativo para os músicos, nesta bonita tarde de domingo.

Abrimos portas ás 20:30, vémonos!!