5 septiembre 2016

Gondoliers



gondoliers

Mércores 7 de setembro ás 20.30: Gondoliers

Atención a todas unidades, veñen Gondoliers ao Liceo!!!

Nalgún lugar perdido entre o noise rock máis contudente e disonante e o punk marciano con sintetizador atópanse os bostonianos Gondoliers.
A súa música está chea de vaporosos sintes, baterías espasmódicas e guitarras cortantes coma unha machada mentres o cantante capitanea o navío de forma demente cara un iceberg, no medio da tormenta máis tensa.
Un directo desta xente é unha experiencia abraiante!
https://gondliers.bandcamp.com/album/tonights-whispering

Vén gozar con Gondoliers por só 5 euros que irán directos ao seu peto para poder continuar a súa xira

Guardar