Dende Nantes, facendo unha xira pola península chega ao Liceo a apisonadora Goudron co seu hardcore ruidoso e enrevesado influenciado por bandas como os Melvins ou Botch.
Veñen dispostos a cortar cabezas cos seus riffs imposibles e rabiosos.
Bótalle un oído e flipa:
http://electricjunkrecords.bandcamp.com/album/goudron-s-t-10inch
Tamén repartirán cera os composteláns Kebratahuesos, banda de crust punk formada por membros e ex-membros de bandas como Madame Germen ou Extinción. Zapatilla cousa fina!
http://www.facebook.com/kebrantahuesoscrust
Non hai entrada no Liceo Mutante, pero o grupo solicita como donativo para gasolina catro lereles, que seguro que os ías gastar nalgo que non querías.
Recordade traer o voso carnet mutante, a entrada só está permitida a socios!
AVISO!!!!
COMEZARÁ ÁS OITO E MEDIA PUNTUAL!!!!