Estamos encantados de anunciar a inminente chegada das III Xornadas Mutantes de Autoedición GREPO GREPO!
Despois do ben que o pasamos nas dúas primeiras edicións do noso festival de felicidade grampada, para o Liceo Mutante era unha obriga a organización dunha nova cita, polo que vos convidamos a despedir con nós ó 2013 cos brazos cargados de fanzines, discos e demáis chatarrada. En cuestión de días montaremos un bó tinglado na nosa humilde morada e unha vez máis queremos que esteades alí.
Case unha trintena de participantes chegados de tódolos rincóns da península e incluso dalgunha outra esquina da vella Europa traerán unha coidada selección de propostas para o noso deleite sensorial.
Ademáis da tradicional feira de discos e fanzines, teremos tamén as non menos tradicionales actuacións; desta vez contaremos co free-jazz bailongo dos residentes URRO, que gravaron un disco expresamente para o Grepo Grepo (venres ás 20.00), e co post-punk ácido, escuro, saltarín e pre-apocalíptico dos coruñeses MANO DE OBRA, tamén vellos coñecidos da casa.
http://manodeobra.bandcamp.com/
Ademáis de todo isto, tampouco fallaremos a nosa cita coa “Gran Rifa da Cacharra” (si, este ano será máis breve), na que sortearemos varios lotes de publicacións autoeditadas, amén de algunha sorpresiña fin de festa. Sabedes que non defraudamos.
Ai, que chegue xa! Botádelle un ollo á nosa lista de convidados no Blog de Plástica Mutante para rematar de decatarvos de que os días 20 e 21 o Grepo Grepo é o sitio onde hai que estar:
Las Tres Plumas (Barcelona)
Luis Pirucha (Sanxenxo)
Donato Fanzine (A Coruña)
Damián Vásquez (Barcelona/Ecuador)
Welcome To Bacon Bridge (Andalucía/Murcia)
Seara Records (Vigo)
El Amor Salvaje: New Cross (Londres/Pontevedra)
Xose Lois García (Pontevedra)
No Dejaré Que Salves Este Mundo (Vigo)
Laura Cochón (Vigo/Donosti)
Prenom (O Grove)
M8 Produccións (Pontevedra)
Carne Press (Valencia)
Chus Rojo (Pontevedra)
Sara Pazos & Mariana a Miserável (Pontevedra/Porto)
Cabeza Voladora (Galicia)
Joni López (Madrid/Asturias)
Cosas Zine (Pontevedra)
Orfidal (Asturias/Barcelona/Madrid)
El Cosmonauta (Touro/Compostela/Navia)
Firecream (Londres/Vigo/Pontevedra)
La Banda del Gallo (Madrid)
Ediciones Valientes (Valencia)
Chingaste la Confianza (Madrid)
Discos Porno (Ourense)
Los Bravú (Marín)
Fase Lunar (Pontevedra/Vigo)
David Tombilla (Nigrán)
Ulme von Keil & Sarah Reiher (Berlín)
ETT Cómix (A Coruña)
Nando Vázquez (Cerdedo)
Pepa a Loba (Tui/Pontevedra)
Berto Fojo (Poio)
http://plasticamutante.blogspot.com.es/2013/12/penuqui-grepo-grepo.html
HORARIOS
Venres 20.
18.00. Apertura de portas. Feira de fanzines ata a hora de peche.
20.00. Actuación de URRO.
22.30. Peche de portas.
Venres 21.
16.30. Apertura de portas. Feira de fanzines ata a hora de peche.
20.00. Actuación de MANO DE OBRA.
22.00. Cerimonia de clausura: GRAN RIFA DA CACHARRA.
FIN DE FESTA.
Lembrade que A ENTRADA É DE BALDE.
Como é habitual, teremos doces, galletas e cousiñas de comer e de beber a precios máis que populares.
Vémonos no Liceo!