Sábado 18 de maio ás 20.00
Triplete de dancing de cachola no Mutante o sábado 18 de Maio, da man de GRIMA, Lady Banana e Árida! A cousa vai así:
-GRIMA: Laura e Facu, dúo pontevedrés querido e coñecido noso, baixo, voz e batería. Unha apisoadora sónica, o frenesí baterístico, chéirase noise, punk e stoner, vas quedar sen cadeiras! E veñen presentando o seu primeiro LP “A ver a que sabe”, escoita ti!
https://damosmuchagrima.bandcamp.com
-Lady Banana: Alba e Nerea, dúo zaragozano fraguado nas rúas de Londres, guitarra, voz e batería. Rock directo, guitarrismo por bandeira, ritmazos, preparade os dancings, escoita!
https://ladybananamusic.bandcamp.com
-Árida: Sara e Javi, dúo madrileño, guitarra, voz e batería. Contundencia rítmica, moita distorsión, sonche pura enerxía, escoita!
https://aridamadrid.bandcamp.com
Vinde celebrar esta noitiña de dúos connosco, no noso querido Panteón Mutante, aportando un donativo de entre 5 e 10 euros que irá íntegro para que as bandas poidan costear a gasofa do coche, a comida do día seguinte…vinde charlar sobre a vida ao Liceo!
Portas 20:00, concertos 20:30!
Cartaz de Maru Astray!