28 diciembre 2018

Grito + Malheira + Inoppiah



inno

Sábado 29 de decembro ás 20.00

Agoniza o 2018 e ímolo rematar a patadones punk, oi! e hxc-metal aquí no Liceo Mutante. Con vós, se pode ser.

Prenderemos a estufa e Innopiah! prenderá a motoreta de punkmetal industrialoide todo decorado de verdades como puñadas. Lembrade que este pavo nos fixo unha fermosa tonada ás do Liceo! ♥

Logo Malheira, desde Ourense, farán voar os solos de metal patriótico por riba de riffs e verbas incandescentes. Unha queimada musical para derretir orellas a tope.

E remataremos cos Grito!, que nos traen oi! e street punk na-túa-faciana desde Porto. Todo vibrante, urbano, engorilante e bailábel! Vinde a poguear con nós sobre o cadáver do 2018.

https://gritobanda.bandcamp.com/
https://malheira.bandcamp.com/track/a-bandeira-da-galiza
https://innoppiah.bandcamp.com/

Todo por unha doazón de entre 5 e 6€ directa para as bandas, que parten o lombo cargando putos amplis para facervos vibrar.Agoniza o 2018 e ímolo rematar a patadones punk, oi! e hxc-metal aquí no Liceo Mutante. Con vós, se pode ser.

Prenderemos a estufa e Innopiah! prenderá a motoreta de punkmetal industrialoide todo decorado de verdades como puñadas. Lembrade que este pavo nos fixo unha fermosa tonada ás do Liceo! ♥

Logo Malheira, desde Ourense, farán voar os solos de metal patriótico por riba de riffs e verbas incandescentes. Unha queimada musical para derretir orellas a tope.

E remataremos cos Grito!, que nos traen oi! e street punk na-túa-faciana desde Porto. Todo vibrante, urbano, engorilante e bailábel! Vinde a poguear con nós sobre o cadáver do 2018.

https://gritobanda.bandcamp.com/
https://malheira.bandcamp.com/track/a-bandeira-da-galiza
https://innoppiah.bandcamp.com/

Todo por unha doazón de entre 5 e 6€ directa para as bandas, que parten o lombo cargando putos amplis para facervos vibrar.