28 junio 2018

GROPU GROPU. V Xornadas Mutantes de Autoedición



gropu

Bueno, bueno, bueno! Pois aquí retornan as Xornadas de Autoedición do Liceo Mutante, desta volta baixo o nome de GROPU GROPU porque así o quixo Chicho, o noso oráculo.
Estes tres anos de inactividade non fixeron outra cousa que alimentar unha lenda (como tal, esaxerada) da que non somos merecedores. Para demostrar que non é para tanto, decidimos organizar unha nova edición. O problema é que recibimos tantas solicitudes de tanta calidade que posiblemente nos saia o tiro pola culata.
A estrutura do evento é ben sinxela: mercado de fanzines, tebeos, láminas, camisolas…; un par de concertos xeitosos; rifa final con toques de humor e pode que algunha actividade sorpresa. Pero xa vedes que non hai charlas, non hai mesas redondas, non hai xogos divertidos… É para estar pasando o rato, de tranks e de risas.

Participantes:
Noche Líquida (GZ)
Santi Z (GZ/Portugal)
Alberto Cardona (GZ)
Nuria Figueiredo (GZ)
Montse Piñeiro (GZ)
Cosmonauta Tropical (GZ)
Teresa Ferreiro (GZ)
Pliegue (Illas Canarias)
Cynthia Alfonso (GZ)
Óscar Raña (GZ)
Fosfatina (GZ)
Afeite Al Perro (Madrid)
Natalia Umpiérrez / Berto Fojo (GZ)
Conxita Herrero (Barcelona)
Andrea Ganuza (Pamplona)
Toni Junyent (Barcelona)
Children of Corita (Mallorca)
Clank Estudio (Madrid)
Minia Regos / Belén Veleiro (GZ)
Pepa Prieto (GZ)
Te Vas a Morir (GZ)
Foster Ediciones (GZ)
Carne Líquida (GZ)
Cosas Zines (GZ)
Tayone (GZ / Barcelona)
Javier Fernández Pérez-de Lis (GZ)
Pilar Marcó (GZ)
Zulo Azul (Madrid)
Gran Madre Cangrejo (GZ)
Andrea Costa (GZ)
Sr Mu (Madrid)
Joel González (GZ)
Julia Roberts & friends (GZ)

Horarios:
Venres 6: de 18.00 a 22.00
Sábado 7: de 18.00 a peche (sen pasarse tampouco)

Concertos:
-Tronco (Barcelona) / venres 6 ás 21.00: Tronco é un dúo fraternal formado por Fermí e a debuxante Conxita Herrero. Facturan un pop acústico sen florituras, como de campamento ou de fogueira, cunhas melodías preciosas e unhas letras tan sinxelas como aplastantes. Ide aprendendo as súas cancións se non as sabedes xa e o venres cantamos todas xuntas.
https://tronco.bandcamp.com/

-Meus (GZ/Portugal) / sábado 7 ás 21.00: Que queredes que vos contemos destes dous míticos? Alberto Cardona e Santi Z son dous grandes debuxantes, son moi queridos no Liceo e ademáis teñen un grupazo chamado Meus que sacou aí atrás un disco que é unha pasada, pura pasada, pura pasada ben pasada.
https://meus13.bandcamp.com/album/meus-2