Xoves 24 de outurbo ás 20.30
O 50% dos míticos Grabba Grabba Tape! márcase unha xira en coche de liña (literalmente) que o deixará na parada de diante do Liceo o vindeiro xoves. Atacará ó respetable coa súa Game Boy, unha caixa de ritmos e a guitarra que lle vai prestar Flaco. Non sabería moi ben como definir o seu estilo, polo que paso a redactar unha lista de referencias que de seguro vos ubicarán no bó camiño: Bart Simpson, Fugazi, Super Mario, Devo, trolls, punk, sk8, vocoder, Cosas de Casa, rockopó, gnomos, 8bits, tortilla de Riskettos, new age, noise, aliens, Eddie Murphy, Alf, Museo de Cera, efectos especiais, tebeos, low res…
Techno-punk-pop de coloríns salpicados; ritmos amables e abrasivos para sacudir a sintura e a quen se poña por diante.
Logo da agradable sorpresa que supuxo o seu «Trollocausto» (Chingaste La Confianza/Gssh Gssh!, 2012), a xente está toda tola agardando pola cinta que lle está a piques de editar Chingaste La Confianza e coas versións de Fugazi que ven colgando últimamente no seu soundcloud.
Así que xa sabedes, a bailar e tolear o xoves 24 no Liceo por 4 euriños de donativo para que o artista poda coller o seguinte bus.
http://chingastelaconfianza.bandcamp.com/album/trollocausto
https://www.facebook.com/pages/Grosgoroth/153551568051780