6 febrero 2017

Grosgoroth + Tube Tentacles + Agnes Pe dj



grsogo
agnes

Sábado 11 de febreiro ás 20.30

De Grosgoroth, igual que do porquiño, queremos todo.
Gústanos a súa versión deconstruída e a reducción ata a esencia básica do punk.
Apreciamos moito que lle mole facer o que lle sae das napias.
Degustamos con moito pracer as súas cancións sobre os conflictos da modernidade, as nosas batallas coa devolución de libros ás bibliotecas, o noso atrape con Internet e os problemas do día a día co transporte público.
Todo a toda velocidade e a toda tralla, e inda por riba esta vez con banda e con, nin máis nin menos que Jose Atomizador facendo os seus luminosos coros. Estamos a tope con Grosgoroth.
Escoita como lle vai no seu último lanzamento:
https://discoswalden.bandcamp.com/album/me-siento-mejor

Grosgo ven con amigos: será acompañado en primeiro lugar por Tube Tentacles, que el mesmo nos define como «un amigo que hace ruido y es famoso en Japón (tiene una portada hecha por shintaro kago) ruido con un trillón de pedales que te deja con la cara del revés» (sic).
Efectivamente, aquí está: https://soundcloud.com/kike-kaos

Ademais teremos unha pinchadiña de Agnes Pé DJ, mítica buscadora de sonoridades e sensacións extremas na súa recomposición da música que pincha. Pouca broma!
https://agnespe.bandcamp.com/

Toda esta amalgama de sensacións por entre 5 e 8€ (pon o que queiras e poidas) para que as artistas sigan o seu camiño.

Guardar

Guardar