29 septiembre 2014

Guerrera + Niño Señora



10614161_283586571828251_6673200811231419553_n

Venres 3 de outubro

Rematou o verán e o carallo da choiva non nos deixou bañarnos no mar todo o que necesitabamos. Estamos cansas e precisamos unha dose de enerxía o suficientemente forte como para nos permitir encarar a longa noite de pedra que nos vén enriba ata o retorno da luz. O vindeiro venres día 3 prenderemos unha fogueira no Liceo, invocaremos a GUERRERA e, así como asomen de entre o lume, pedirémoslles que nos abrasen co seu sol do deserto, que as súas ondas nos rompan na cara e salpiquen ben todo e que antes de rematar nos leven da man cara esa escuridade na que tan ben se saben mover e da que non sairemos ata os primeiros fulgores da primavera, cando o Mauna Loa nos cuspa ó exterior.
Os encargados de prender o lume e preparar as castañas serán NIÑO SEÑORA no que será, por fin, o seu debut no Liceo Mutante. Logo de percorrer os escenarios de media Europa cun éxito inédito para unha banda pontevedresa, tocarán por primeira vez na súa casa ante un público desexoso de coñecer o fenómeno en primeira persoa. A súa música resulta particularmente inclasificable, polo que nos remitiremos á reseña do seu disco no mítico Maximum Rock’n’Roll: «Niño Señora are probably one of the most -if not the most- intense and luminous bands ever reviewed in this zine». Ahí son nada!!

http://guerrera.bandcamp.com/
https://www.facebook.com/ninosenora?fref=ts

ENTRADA: 5€ destinados íntegramente ás bandas
RESERVAS: anticipadas.liceomutante@gmail.com (por motivos de aforo, só haberá dispoñibles 50 entradas para reserva; as reservas que non sexan confirmadas en porta antes das 20.30 serán automáticamente anuladas).