11 julio 2014

Guerrera



10440737_660457600696949_2851017550244157570_n

Sábado 11 de xullo ás 20.30

Os nosos irmáns de sangue GUERRERA están de volta no Liceo.

GUERRERA son un deses grupos considerados “da casa”. Tras facer no noso taller o serigrafiado do seu “Under The Gypsy Sun” (Auto-editado, 2012), un dos discos revelación do 2012, e tocar aquí varias veces (entre elas no noso primeiro aniversario), veñen unha vez máis con novo disco baixo o brazo. Desta vez trátase de ·Mauna Loa· (Matapadre, 2014), un disco máis árido, máis psicodélico e máis enérxico.

GUERRERA son batería, dúas guitarras, baixo e voz. Pero tamén steel guitar e teclados.
GUERRERA son LSD, LSA e ayahuasca.
GUERRERA son Metamovida.
GUERRERA son unha viaxe polo deserto do Sáhara un día de Agosto.
GUERRERA “son de aquí, e van volver: MADERFOCKERS!”

¿Onde podo escoitar o ·MAUNA LOA·?
http://guerrera.bandcamp.com/album/mauna-loa

¿Onde podo escoitar o UNDER THE GYPSY SUN?
http://guerrera.bandcamp.com/album/under-the-gypsy-sun

¿E en directo que tal?

¿Iso é en serio?

Xa sabes, o próximo venres 11 ás 20:30 no Liceo Mutante. ¡Ven axiña non vaias quedar sen sitio!

Todo isto por 5€ para que os músicos cubran gastos. Haberá comida e bebida, coma sempre, a prezos das antigas pesetas.
PUBLICACIÓNS