21 abril 2015

Guess What? + Kumbaya



14709_809160779159963_926851209657160569_n

Xoves 23 de abril ás 20.15

Hai xa máis dun ano da inesquecible visita que nos fixo Mike Watt cos seus Missingmen. Cegábanos a nosa admiración pola súa figura e pensabamos que os grupos franceses que o acompañaban eran de puro atrezzo, que só tiñan a misión de quentar ó respectable e deixarlle a pelota no aro a Watt para que machacara, pero… HOSTIAS!!! Cando saíron Guess What? á area do Liceo a peñuqui empezou a cair hipnotizada coas súas melodías exóticas e os seus ritmos limpos e xoguetóns. Vestidos cuns estranos disfraces e armados con batería, teclados, frautas desas de encantar serpes e trompetas raras, puxéronlle as cousas moi complicadas ó de San Pedro e ós seus compinches. Os tipos infláronse a vender discos e a recibir loubanzas de todo quisqui. Sen dúbida, un dos grandes descobrementos da era mutante. Sabemos que moitos de vós soñabades con que voltaran algún día, así que, co peito ben inflado. anunciámosvos que ese día chegou: o vindeiro xoves 23 bailaremos ritmos de antigas civilizacións extraterrestres ata furar as babuchas.

Veñen ademáis acompañados por Kumbaya, un misterioso e escuro dúo sintetizador-batería que seica soan a unha mistura do Antigo Exipto co cine italiano de serie B.

Como botabamos en falta estes días internacionais e primaverais de entre semana!! Despois non digades que non avisamos!!

Como é habitual, os 5€ da entrada irán destinados íntegramente ás bandas.

guesswhat3000.blogspot.com

http://catapulterecords.com/kumbaya.html