O venres 12 ás 20.30 presentaremos no Liceo «Hemos venido a darlo todo», un libro ben tocho cheo de «profecías coloristas, foto-novelas mesiánicas, ilustraciones de retrete, guerras civiles familiares y stripteases de tuétano firmadas por Wences Lamas, lucense de 30 años hijo, nieto y biznieto de funerarios». Wences é debuxante, músico (Reserva Espiritual de Occidente), realizador (videoclips de Fantasmage, Fasenuova, A Veces Ciclón…) e ten planeado algún misterioso acto que non acabamos de comprender e do que achega este texto como pista:
«Pecha os ollos.
Toca unha das túas tetas,
sinte o seu latexar…
Debaixo dela está o teu corazón.
Xa non é só un corazón, tamén é un cabalod e carreiras.
Podes voar se subes nel.
Podes ver como caga caramelos de sabor vermello, azul, fedorento e esponxoso.
Cágaos sobre África.
Agora ti es África.
Estás a toser.
Estás a te endurecer.
Faste duro.
Faste Daiamond.
Tes os ollos pechados e estás a tocar o teu sexo.
Agora o teu sexo é un instrumento musical.
Vibra.
Fai «iiiiiiii».
Hemos Venido A Darlo Todo chega á túa cidade. É un libro, un ritual de comunión mística sen cheiro a pachuli, unha exposición de debuxos onde está o debuxo que ti precisas e unha web serie. VEN.»
http://ofegabous.tumblr.com/hemosvenidoadarlotodo