Domingo 5 de outubro
Hexis veñen dende Copenhague, e naceron coa idea de fusilar as fronteiras que existen entre o black metal e o hardcore. A furia dos daneses visitounos fai dous anos, pregúntalle a algunha testemuña cómo máis que un concerto foi o máis achegado a estar dentro dunha nube de tormenta, esquivando lóstregos e escoitando o retumbo de mil tronos. Durante estes dous anos non perderon o tempo e percorreron medio mundo (Xiras por Cuba, Estados Unidos, Balcanes, Europa do Leste e Occidental…) así que podemos ter a certeza de que a tormenta terá menos piedade que nunca.
http://hexisband.bandcamp.com/
Os suecos Rainmaker transitan unha senda menos tenebrosa pero igualmente intensa: Un post-hardcore de pouso melódico, cheo de contundencia e emoción que os emparenta con Suis la Lune, Comadre ou Birds In Row.
http://rainmakerband.bandcamp.com/
Imposible que teñas un plan mellor para o domingo, por 6 € que axudarán ás bandas a seguir traballando, sacúdete os demos de enriba a base de volumen.