25 septiembre 2012

Hexis + This Gisf is a Curse no Liceo!!!



Venres 28 de setembro ás 21:00

Noite de tralla escandinava no Liceo Mutante este venres …

HEXIS veñen dende Copenhague despóis de xirar con bandas coma Celeste ou The Secret, e coa actitude hardcore encáranse ao black metal ou o noisecore máis demencial, cunha técnica e brutalidade inspirada en bandas coma Breach ou Converge.

http://hexisband.bandcamp.com/

https://www.facebook.com/Hexisband
http://hexis.bigcartel.com/

THIS GIFT IS A CURSE son de Estocolmo e levan nas venas a clase coa que as xentes de alí practican todo tipo de músicas extremas. No seu caso encontramos un variado compendio de influencias que abarcan dende o hardcore noise aberrante tipo Shora ou Today Is The Day, cun pé no sludge e no doom e outro no black metal.

http://thisgiftisacurse.bandcamp.com/
https://www.facebook.com/pages/This-Gift-is-A-Curse
http://thisgiftisacurse.bigcartel.com/

En fin, que se queredes ver o que se coce a niveis de música extrema nos países nórdicos, este venres 28 no Liceo Mutante encontraredes razóns de máis para quedar saciados. Todo isto por 4 € de donativo que irá directamente para financiar aos grupos. Coma sempre, ofreceremos viandas líquidas e sólidas a precios populares.