22 abril 2016

Hey Colossus



hey colossus

Martes 26 de abril ás 20.30

Amig@s, é para nós unha gran alegría poder anunciar a visita de Hey Colossus ao noso espazo de Mollabao.

Hey Colossus, son unhas lendas do noise rock que levan sacudindo o underground inglés dende hai máis dunha década.

Tras numerosas xiras e un bo feixe de discos para Riot Season (Shit & Shine, Sightings, Acid Mothers Temple, Circle) editan no 2015 dous albumes no prestixioso selo Rocket Recordings (Goat, Oneida, Teeth Of The Sea, White Hills ou os noso amigos de Gnod) nos que sen olvidar as súas orixes de riffs mastodónticos exprimidos do seu maximalista arseal de amplis, mostran unha contención e atención á composición cuxa onda expansiva abre una nueva paleta de posibilidades para un grupo experimentado e coa confianza necesaria para convertirse nunha auténtica forza da natureza.

http://heycolossus.bandcamp.com/album/in-black-and-gold
http://heycolossus.bandcamp.com/album/radio-static-high

Para botarlle o dente só terás que desfacerte de cinco euriños destinados integramente á banda