6 noviembre 2014

Histeria Teatro: «Berlín» de Lou Reed



1394338_724911087584933_3548403061749944670_n

Venres 7 de novembro ás 21.00

Lou Reed marchou, pero quedounos a súa obra. A compañía Histeria Teatro chega a Mollabao para presentarnos a súa versión teatralizada do clásico disco ‘Berlín’, de 1974. O venres sete de novembro, corenta anos despois, temos a posibilidade de recuperar o momento.

Jim e Caroline, unha parella marcada polas drogas, a violencia e a prostitución, vive no Berlín dos 70. Ambos os dous cantan a súa desesperanza, as condicións miserables da súa existencia.

A tradución das letras das cancións foi levada a cabo polo filólogo, profesor e músico Leo Fernández Campos, máis coñecido como O Leo i Arremecághona!!! A posta en escena lévaa a cabo canda a xornalista e actriz Lara Rozados, con direccción de Chiqui Pereira, membro da compañía Berrobambán.
O vestiario, atrezzo, escenografía e luces son de Histeria Teatro, e o son, música e vídeos, de Leo Fernández Campos. O deseño gráfico e a fotografía son de Jose Valiño.

Unha viaxe ao Berlín de 1974 por cinco marcos da RDA, que irán íntegros para as artistas. Se non tes esa divisa cobrarémosche cinco euros; ao cambio sae máis caro, pero segue estando moi moi ben.
Lembra que comezará con puntualidade prusiana!