17 octubre 2017

House and Land



ahouse

Sábado 21 de outubro ás 20.30

House and Land é un duo de folk americano formado por Sally Anne Morgan (violín, shruti box, banjo, voz) e Sarah Louise Henson (voz, guitarra acústica de 12 cordas, bouzouki).
A súa música expón un achegamento do folk máis tradicional dos Montes Apalaches á música drone, minimalista e microtonal de compositores como Tony Conrad ou Pauline Oliveros. Grandes instrumentistas e coñecedoras da súa tradición, que nunha procura por actualizar a tradición musical do seu país, teñen un discurso entre austero e minimalista pero non por iso, menos emocionante e cativador, senón que todo o contrario.

O seu primeiro disco de colaboración, editado por Thrill Jockey Records, ven de ser aclamado por medios coma Pitchfork e ti podes gozalo dende xa:

https://sarahlouise.bandcamp.com/album/house-and-land

Unha parada a beber no deserto espiritual dos nosos días, a cambio dun donativo para as artistas de entre 5 e 8€ no teu oasis sociocultural, o Liceo, que segue aberto e aguantando seis anos despois en Rosalía de Castro, 100.