10 septiembre 2018

Howie Reeve e Turbante



wivie

Este venres 14 ás 20.30 temos unha noite desas que te quedan gravadas na cabeciña, noite de emocións, noite de alegrías da man de Howie Reeve e Turbante!

Howie Reeve é un querido bo amigo do Liceo, ven dende Glasgow e volta a esta casa para tocar as súas cancións imposíbeis, un home cun baixo e unha voz, non lle fai falta nada máis para facerte sentir e (de)construilo todo! Chegando a colaborar con persoas tan queridas nesta casa como Mike Watt, segue xirando polo mundo co seu último “Not So Secret Garden” e sempre é un placer telo neste recuncho da ría!

https://howiereeve.bandcamp.com

Turbante son dous militantes mutantes, Joni e Solla, participantes noutros proxectos como Montclair e Matadero, cando se xuntan estes dous rapaces improvisan e exploran a fondo as dinámicas do drone e o ambient, ata sumerxirte nun branco manto rodeado de proxeccións en 8mm!

https://turbante.bandcamp.com/releases

Ven desfrutar desta máxica velada no Panteón Mutante aportando un donativo de entre 5 e 8 euros íntegro para as bandas, ven para seguir loitando pola cultura libre e autoxestionada!