11 septiembre 2017

Howie Reeve + Trilitrate



ahowi

Xoves 14 de setembro ás 20.30

Oe!
Temos por fin de volta no noso espazo ao personalísimo escocés HOWIE REEVE, unha referencia no marco acústico-emocional-virtuoso. Un danzarín entre o unplugged-punk, o avant-garde non lineal e a intimidade acústica. Isto é o que demandamos!
Ven de publicar o seu Not So Secret Garden (Red Wig, Mon Cul, 2017), multiplicador da súa incrible proposta.
https://howiereeve.bandcamp.com/

Virá acompañado polos monstruosos Trilitrate, que seguen a presentar o seu Frutal Death, arrasando alá por onde pasan, un regaliño de entre semana. Xa pasaron por Andalucía, Cataluña, Euskadi e todos os rincóns do país. Cómpre dicir que están no seu mellor momento de forma? Non, porque iso acontece sempre 🙂

Calidade e cantidade de amor e música, por entre 5 e 8€ para que as artistas podan parar a repostar, no teu concesionario cultural de confianza