Xoves 10 de maio ás 20.30
É para nós unha sorte poder anunciar a visita do escocés Howie Reeve.
Howie leva percorrendo o mundo co seu baixo e a súa voz un porrón de anos, colaborando con todo quisque, (só lembrar o seu recente disco co noso admirado amigo Mike Watt) levando a súa música imposible, fráxil e fermosa a todos os lugares onde o queren escoitar.
Howie Reeve atópase actualmente de xira pola península presentando o seu terceiro álbum de estudo. ‘Smaller, Now’ (The Audacious Art Experiment/Rede Wig) viu a luz o pasado mes de Febreiro e significa outro firme paso adiante na carreira dun dos artistas crave para a escena europea.
Cun virtuosismo zero academicista que toma o baixo como instrumento nai, a obra do de Glasgow pode aplicar ao post-punk, á canción de autor ou ao experimental de forma equidistante (escóitese o seu último 7» con Mike Watt – The Minutemenen – publicado o ano pasado). Todo, grazas a unha dicción personalísima, coa que é capaz de entrelazar paisaxes melódicos, desenfreos hilarantes e confesións fondamente emocionais. A súa proposta é algo único, toda unha experiencia á marxe dos formatos contemporáneos de canción rock aos que estamos afeitos.
Se vos gustan Gastr do sol, Jim O’Rourke, David Grubbs ou For Carnation non vos deberiades perder isto por nada do mundo.
https://howiereeve.bandcamp.com/
Por só 5 euros que é imposble que gastases nalgo mellor 🙂