Mércores 26 de setembro ás 20:00
Para rematar este primeiro ciclo de terror iremos ate as filmografías do lontano oriente cunha suculenta DOBRE SESIÓN máis cruda que o melhor sushi, e igual de saborosa.
Comezaremos o festín puntuais para poder reposar estes nutridos platos, comezando coas novidades da cociña oriental…
Hora:20:00
1º I SAW the DEVIL (2010)
http://en.wikipedia.org/wiki/I_Saw_the_Devil
Vibrante thiller sobre un psicópata con predilección pola tortura de moziñas xunto a unha trama de venganzas desencadeadas cando este decide asasinar á filla dun dos policias coreanos.
Exitoso filme marcado pola estela de Memories of Murder e có toque sanguinolento de Saw.
Hora:22:15
2º AUDITION (1999)
http://www.youtube.com/watch?v=yhsrsWcEspc
http://en.wikipedia.org/wiki/Audition_%28film%29
Primeiro filme de éxito entre público e crítica do prolífico director xaponés Takashi Miike, que pode soar por titulos coma Ichii,the Killer.
As súas esceas están tildadas dun hiperrealismo que xera un absurdo no día a día dos seus persoaxes. Unha violencia social que se canaliza nunha violencia física extrema, logo dun longo prólogo fílmico camuflado de costumbrismo xaponés.
Un clásico contemporáneo ineludible para todo bo amante do cine oriental.