Este fermoso xoves 10 de xullo ás 21.30 Ibuprofeno Teatro preséntannos a súa peza de microteatro: VULTO
VULTO é un espectáculo efémero-cómico-sensorial.
Só durante dous meses de xira e para un número reducido de espectadores, a actriz Marián Bañobre, dende o humor e a excepcionalidade física do estado de xestación na súa última fase, compartirá unha experiencia única e inesquecible, un emocionante xogo para os sentidos que convida á reflexión sobre a existencia e orixe mesma do individuo, como un ser estraño e inexplicable.
http://ibuprofenoteatro.blogspot.com.es/2014/05/vulto-introducion.html
Contribución 2€