8 agosto 2012

Igmig no Liceo!



Venres 10 de agosto, 22:00 Igmig no Liceo!
O liceo non para nin por vacacións.
Este venres temos ao dúo vigués quebracabezas Igmig. Electrónica, punk, experimentación e cachondeo nun concerto que fará disfrutar a todo quisque.
Como eles mesmos din:
«igmig son ig e mig. Dende a humidade e violencia dos primeros ensaios nunha bodega abandoada no Viso ate o paraíso inacababél do ruído en Vigo, tan só a unha letra de diferencia. Dende o ano 2000 deulles tempo a facer de todo, incluído non publicar absolutamente nada e aniquilar os seus instrumentos convencionais. Hoxe en día sobreviven como prolongación de aparellos con sensores e micrófonos, sometidos con luxuria aos caprichos das súas propias máquinas».
http://mdmme.weebly.com/igmig.html

Por só tres euros, non ir é tontería.