20 marzo 2017

Igmig



ig

Sábado 18 ás 20.30

Despois do seu delirante primeiro traballo, Shaishakarraskaishe, os Igmig voltan á carga con Ai que Lío!, un disco cargado de sorpresas, sentido do humor e inimaxinables combinacións sonoras tan características da banda, que presentarán no Liceo Mutante o 18 de marzo do 2017.

Fieis a súa explosiva mistura de rock, electrónica, música contemporánea e world music, Ai que Lío! reflicte con claridade e contundencia o enorme oficio, liberdade creativa e sentido do humor sen límites que caracterizan a esta banda viguesa.

Mais a verdadeira esencia de IgmiG desprégase nos seus irreverentes directos, aclamados coma a grande revolución nos palcos galegos destes 3 últimos anos.

O segredo do éxito de Igmig probablemente radique na mistura, por unha banda, da espontaneidade, frescura e humor que dá a improvisación (os seus compoñentes teñen unha longa traxectoria coma directores de Orquestras de Improvisación tal que OMEGA, London Improviser Orquestra ou A MEtamoVida) e por outra, a solidez e calidade que dan tantos anos de experiencia e oficio como compositores, instrumentistas e colaboradores en infinidade de proxectos con artistas nacionais e internacionais.

Calité e raisas, por entre 5 e 8€ segundo a vontade e a capacidade de cada un. Impagable!

Escoita!
https://igmig.bandcamp.com/

Guardar

Guardar