10 diciembre 2018

Ignacio Córdoba



nach

Xoves 13 de decembro ás 20.30

Ignacio Córdoba visitounos fai un tempo baixo o nome de Fuego, acompañado dalgúns compañeiros seus do colectivo Hispano-Danés MAGIA. É un músico electrónico radicado en Copenhague, cuxo son móvese entre as primeiras tradicións electrónicas tipo BBC Radiophonic Workshop ou Elianne Radige, e o free jazz e novas tendencias.
Ignacio entrégase a “La Caja”, unha vella máquina industrial que emprega para manipular o tempo coma un burato negro, acelerándoo e desacelerándoo, estirándoo e comprimíndoo mentres nos leva por sons subacuáticos, atmósferas burbuxeantes e melancólicos cantos de sereas que nos inducen ao trance.
Os seus concertos baséanse en música en vivo e arte lumínico, permitindo ao público ver só un pouco del e unha colección de sombras, transformando así o espazo performativo nun soño crepuscular.
O proxecto leva activo dende 2011 en distintas formacións (do solitario ou dúo ata o quinteto), con música editada en MAGIA, Dokuro (IT) e Twirly Industries (DK).

Escoita esta marabilla que teremos o pracer de vivir!:
https://ignaciocordoba.bandcamp.com

web: https://ignaciocordobamusic.tumblr.com

Ven desfrutar da maxia, no Liceo Mutante, aportando coma sempre un donativo entre 5 e 10 euros íntegro para o artista, para que poida seguir facendo bonito o mundo!