22 julio 2013

II Aniversario do Liceo Mutante



Ola, amiguiños.

Sabiamos que moitos de vós estabades a agardar por isto. Non tedes que agardar mais!

Se hai algo digno de celebración neste pésimo ano de sobres, imputados, depresión xeral e meteoroloxía tola, é que, contra todo pronóstico e algunha que outra intención, seguimos a dar guerra en Rosalía de Castro, 100.

E coma no Liceo cremos na rebeldía alegre e productiva, imos celebrar “a lo grande” o noso segundo aniversario os próximos 26 e 27 de xullo.

Acompañárannos algunas formacións galegas de primeira orde, todas amigas do Liceo e a súa causa, e todas con moito que dicir!

O venres 26 (20.00) será para os DAS KAPITAL e CAMARADA NIMOY.

Os DAS KAPITAL son unha das propostas mais interesantes do entramado de bandas underground galego. Cunha visión comprometida no estilístico e no político, fuxindo do consenso e a comodidade e implicando a algún dos mais grandes axitadores dunha icónica nova cultura independiente galega, eles van vir presentar o seu Grecia (Discos Da Máquina, 2013).

http://discosdamaquina.com/portfolio/500/
http://daskapital1.bandcamp.com/

CAMARADA NIMOY son, en consoancia con Das Kapital, outra das formacións galegas que darán mais que falar nos próximos tempos e cunha visión moi clara de como desenvolver a súa música. Co seu batido proteico de surf, rock, punk e moita, moita enerxía, prometen un fin de primeira festa dos que molan e moito. Cun pouco de sorte estarán a presentar o seu primeiro LP!

http://camaradanimoy.bandcamp.com/

O sábado 27 (19.00) será para LENDRONE, ES UN ÁRBOL e THEE BLIND CROWS.

Os de Vigo xa estiveron por aquí nalgunha ocasión e teñen unha nada pequena comunidade de fans que pensan bailar e corear as súas cumbias, tangos e pezas de rap metal ata o extremo. Vannos deleitar e facer rir e dar apertas ben fortes e tararear o seu La Buena Nueva (Metamovida, 2012) e moitísimos temas novos que queremos degustar.

http://esunarbol.bandcamp.com/

LENDRONE son unha das formacións na boca de todos na terra e mais alá, co seu Uno (Matapadre, 2013) e a súa explosiva cocteleira de rock e electrónica arriscados e toda a enerxía que este verán tan caloroso nos quere quitar.

http://matapadre.bandcamp.com/album/uno

Pecharán a parte musical pero nin de broma o Aniversario os nosos amados THEE BLIND CROWS, grupo xa prácticamente da casa e que nos van deleitar cunha boa dose de pogo en forma de rock salvaxe, blues, soul e amor pola negritude en xeral. Imos gozar coma cadelos pequenos!

http://theeblindcrows.bandcamp.com/album/thee-blind-crows

Pero a música é só unha pequena parte desta celebración colectiva pola supervivencia: ademais teredes os nosos tradicionais torneos do Aniversario, incluendo a esperadísima competición de pinpón – deporte oficial do Liceo –, petanca, chave e moitos máis xogos.

Teremos por suposto unha nova edición dos mercadiños, antikaraoke e moitísimas mais sorpresas que iremos anunciando!

IMPORTANTE: ENTRADAS
As entradas só se van poder adquirir anticipadamente ata completar aforo. Non haberá entradas dispoñibles na porta os días do evento. Se queres asistir, dispara rápido.
Prezos (a recadación íntegra das entradas entregarase como donativo ás bandas):

Venres 26: 5€
Sábado 27: 7€
Abono dous días: 10€

CÓMO ADQUIRIR A MIÑA ENTRADA?

– No Liceo Mutante, calquer día de 18.00 a 22.00 h. ou durante calquera dos eventos que celebraremos antes do Aniversario.
– Por PayPal na conta liceomutante@gmail.com, indicando o nome e o DNI das persoas que van asistir coas entradas que mercas, así como o/s día/s que queredes vir.

Co fin de evitar problemas que comprometan a seguridade e o futuro do Liceo Mutante haberá un límite de aforo que de ningunha maneira se rebasará. Polo tanto, se chegado o día non dispoñedes de entrada excusades de achegarvos e tentalo na porta, pois non se permitirá o acceso a quen non dispoña das entradas mercadas previamente. Esperamos que comprendades a necesidade de tales medidas e que nos axudedes respectándoas e evitando poñernos nun compromiso durante o evento. Insistimos: POR FAVOR, NON VEÑADES Á PORTA SE NON TEDES ENTRADA.