2 enero 2017

II Catapulta



catapulta-2

Sábado 7 de xaneiro

Cinco anos de resistencia despois, o noso maior éxito é a supervivencia, e o que non nos deixa durmir, o feito de poder seguir abrindo as portas para que acontezan cousas dentro da nosa Asociación. Como toda proposta esquiva aos vaivéns do mercado, temos aire nos pulmóns e aguantamos, pero soñamos con sacar a cabeza á superficie algún día.

Algunhas socias, e en diferentes disciplinas, van colaborar nestas festas para tratar de dar un impulso a un ano novo que comeza e que, unha vez máis, vai ser a base de todo o que veña.

As bandas da casa Cuchillo de Fuego, Lluvia de Ciervos, Urro, diola e Matadero Cinco van poñer a música para unha velada altamente decibélica!

Cuchillo de Fuego abrasaron o adormecido estado do benestar underground co seu debut «Triple España», un disco coa tralla e o discurso que precisabas oír e, sen despeinarse, unha baralla de éxitos inmediatos. Frases que conteñen tanto coma «Somos Los Reyes de España», «Jaime Peñafiel», «El Violín Más Pequeño Del Mundo» forman agora parte do noso día a día.
Agora preparando novo material e ameazando con romper con todo de novo, estarán presentando algunhas novas. Coidao aí!

https://cuchillodefuego.bandcamp.com/releases

Lluvia de Ciervos estaban de parranda!!! A banda máis emotiver de Pontevedra despediuse fai uns meses da actividade e tiñan pendente facelo «a lo grande» na casiña! Farán unha derradeira reunión especial na nosa Catapulta, mira ti se son boa xente!

Aquí o seu disco de debut e póstumo: unha mágoa!

https://lluviadeciervos.bandcamp.com/

Urro representan o que representa o Liceo: fai o que queiras, non te repitas, crea e destrúe a túa liña de actuación tantas veces como sexa preciso, improvisa todo o posible, os fascistas non improvisan. Urro é o berro dun animal.
Nesta ocasión tocarán cunha formación expandida a quinteto (con dous membros de Cuchillo de Fuego) nunha improvisación libre, salvaxe e ruidosa.

Os diola xa non saben que facer para que lles fagas caso: o mesmo tiran de electrónica raruna que de riffs rockeiros de toda a vida que de hits de pop-rock. Teñen o seu primeiro disco no forno, e ti podes estar na pre-historia! Atenta!

https://diola.bandcamp.com/releases

E únense á festa os debutantes Matadero Cinco! Mestizaxe de Slint, QOTSA e máis mandangas guapas locas, a banda de Pontevedra estréase na amada Catapulta para abrir un buratiño nos vosos corazóns con Math stoner en forma de BSO dunha peli slasher.

Turiña Pontevedra van ofrecer a todos os pais e nais unha actividade teatral de primeira para xs cativxs: «Peques Ilustres Vol. II – Valle Inclán». As túas criaturas poden participar en calquera das dúas quendas propostas (17.00-17.45 e 18.00-18.45). Infórmate e inscríbete en turinapontevedra@gmail.com.

Infórmate do que fan, que son ben xeitosas!
https://www.facebook.com/turinapontevedra/

Todo por entre 7€ e 10€ (o que queiras e poidas) para gozar dos concertos e a actividade infantil, 5€ se só queres acudir a esta última!

Ollo con este evento! Non te quedes sen poder entrar! Reserva a túa entrada (non tés que anticipar o custo) no enderezo anticipadas.liceomutante@gmail.com. Gardamos as reservas ata as 19.00!

Guardar

Guardar