5 febrero 2015

II Curtas Mutantes



10888559_920207118013334_6903267949932173691_n

Venres 6 de febreiro ás 20.30: II Curtas Mutantes

Continuamos coa segunda quenda de proxeccións do II CURTAS MUTANTES. Tamén anunciaremos o gañador do público, e as mencións especiais.

Proxección de varias curtametraxes de xénero fantástico cun amplo percorrido por importantes festivais nacionais e internacionais.
Bizarradas de todo tipo, expresións artísticas e cinematográficas do máis variopinto, propostas arriscadas e radicais, son as que compoñen a nosa programación. E todo isto, de balde:
Programa: «Koan» de Daniel Viqueira e Rabuñal Varela, «Death of Shadow» de Tom van Avermaet, «Decapoda Shock» de Javier Chillon, «Safari» de Gerardo Herrero, «Cólera» de Aritz Moreno e «Autumn Harvest» de Fredrik S. Hana.