28 febrero 2014

2º Día do II Días Rariños Fest: No More Lies (Costa Brava) + Grampoder (Compostela)



rariños
grampoder_horiz3
no more lies

Martes 4 de marzo ás 20.30

A ver, cóstanos crer que non coñezas a No More Lies.

Como xa sabes, levan quince anos repartindo estopa pola xeografía nacional en forma de ramalazos, pequenas revelacións de punkrock salvaxe e atrevido, con estribillos inesquecibles e riffs poderosos.

Xa sabías que non mudaron de formación xamais.

Que están aí dende o principio, alumeando aquela escea de Sant Feliu, dende o seu cuartel do Atzavara, enxendrando xiras imposibles, bandas incríbles, son únicos.

Que Santi García é xunto ó seu irmán Victor o responsable da gravación de moitos dos teus discos favoritos e faro sónico de Bcore dende fai décadas.

Que veñen de publicar o seu terceiro larga duración, In The Shape Of Expectation (Bcore, 2014), que podes escoitar aquí: http://www.rockdelux.com/…/no-more-lies-in-the-shade-of…

Que van estar no Días Rariños Fest, que o mércores é festivo.

Que estarán acompañados por Grampoder, uns grandes da vida, formación de historia viva paralela á dos cataláns, que despois dun pasado en Mato Grosso, The Homens,Fame neghra e mil mais, vannos poñer as pilas coa súa proposta chea de rock portátil, pop campestre, folk psicodélico e hardcore comeflores.
http://grampoder.bandcamp.com/
http://grampoder.tumblr.com/

Que custa 5 pavos.

Que comeza ás 20.30.

Pois agora xa o sabes!