26 diciembre 2017

III Estamos tod@s aquí reunidos



24312598_1517938188282215_8818350928039363204_n

Xoves 4 de xaneiro ás 20.30

As HALO son saltos en paracaidas de apertura retardada (High Altitude Low Opening) e tamén sesións de improvisación libre que dende fai 4 anos levan organizándose na cidade de Vigo e outros puntos de Galicia.

Para celebrar o fin da temporada van organizar o seu 3º encontro ESTAMOS TOD@S AQUí REUNID@S no que tódolos improvisadores do colectivo participan nun concerto comunal no que tamén haberá amigos invitados deses que están no exilio e voltan a casa polo nadal.

Explosión musical de liberdade, coma un caldo contra o frío, todos xuntos que e tamén á vez.

Participarán membros de:OMEGA, Orquesta del Caballo Ganador,Trilitrate, Igmig, Big Ok, KaseO, Crebinsky, Filo, Nöiz, Cró!, Comando Psicográfico, SuelenStarQuartet,Es un Árbol, Comando Radar, Electra, Amargo Sueco, Rojo Dos, Tripo, Modulador de Ondas, Bachanca, Hrz, FreekBeat, Fritanga, CastriMilf….

Vai ser unha festa das boas, xa case mellor vide espidos.