Xoves 10 de marzo ás 20.30: Ilia Belorukov + Kurt Liedwart
Querid@s amig@s, temos preparada unha velada moi especial para este vindeiro xoves 10 de marzo coa visita dos músicos rusos Ilia Belorukov e Kurt Liedwart no que será o seu primeiro concerto no estado.
Este dúo reúne aos que posiblemente sexan os dous músicos de vangarda máis aventurados de toda Rusia: Ilia Belorukov, de San Petersburgo, e Kurt Liedwart, de Moscova.
Levan traballando xuntos a improvisación e a música electroacústica dende 2009. Para crear a súa fermosa música de atmósferas complexas e aditivas, válense de saxofóns, preparacións, ondas sinosuoidais, ruídos xerados por computadores, gravacións de campo feitas in situ, a psicoacústica e a percepción sonora, dando como resultado unha música complexa de gran beleza e densidade que estructura o son en niveis de alta intensidade e de gran sutileza.
Trátase dun proxecto aberto e colaborativo que os levou a traballar con músicos como Keith Rowe, Norbert Moslag, Alfredo Costa Monteiro, Miguel A. García…
http://belorukov.blogspot.com.es/
http://www.soundartist.ru/projects/kurt-liedwart/
Pedírase unha colaboración de catro euros para axudar a cubrir os gastos dos músicos