20 agosto 2013

Ingar Zach + Alexandre Losada no Liceo!!!



Sabado 24 de agosto ás 20.30

Para este sábado temos praparada unha velada moi especial pola visita do percusionista noruegués Ingar Zach

Ingar Zach é coñecido pola ampla gama de sons que saca do seu instrumento. El toca a percusión dun xeito moi dinámico , cheo de enerxía. Emprega percusión caseira, gongs e dispositivos semellantes; propulsores, arcos, sruti-box e tabla machine como parte do seu kit de batería estendida. Na actualidade adícase á música improvisada / contemporánea e está de xira regularmente por todo o mundo .
Ingar é membro das bandas Dans Les Abres, Mural, Huntsville, No Spaghetti Edition, Flore de Cataclysmo, Looper, Muta ou Labdfield entre moitas outras.
Ademais de traballar con grupos fixos tamén participa en actividades ad hoc con outros músicos e compositores como:
Jim O’Rourke, Derek Bailey,John Bucher, Otomo Yoshihide, Jaap Blonk, Mats Gustafsson, Mazen Kerbaj, Evan Parker, John Tilbury ou Kevin Drumm, entre moitísmos outros.
É ademais cofundador dos excelentes selos Sofa e Sillón

Podes coñecer o seu traballo aquí:

Home

Abrindo á noitiña tocará Alexandre Losada, músico pontevedrés. Cuxo traballo, neste caso coa guitarra eléctrica e obxectos, está enfocado cara a improvisación e a experimentación musical.
Participou no Zarata Fest Galicia e compartiu escenario con Api Uiz e Arnaud Riviere.
Fai parte do grupo Urro.

Pedirase unha axuda de catro €