14 julio 2018

Ingar Zach (solo + dúo con Alexandre Losada)



ingar

Mércores 18 de xullo ás 20.30

Unha calurosa tarde do verán do 2013 visitounos por vez primeira Ingar Zach, o que alí pasou deixou abraiado ao persoal. O que tal fixo cun bombo en horizontal, unha caixa, uns motorciños e catro cousas máis ficou para sempre na memoria dos presentes; a imaxinación, a técnica, a liberdade creativa e a musicalidade que despregou naquela tarde foron algo fóra do común.
Case 5 anos despois Ingar Zach está de volta e por partida doble, cun solo e un dúo con Alexandre Losada
Ingar Zach é un dos percusionistas improvisadores máis relevantes da escea internacional, ademais de compositor e produtor
É coñecido pola ampla gama de sons que saca do seu instrumento. Toca a percusión dun xeito moi dinámico , cheo de enerxía. Emprega percusión caseira, gongs e dispositivos semellantes; propulsores, arcos, sruti-box e tabla machine como parte do seu kit de batería estendida. Na actualidade adícase á música improvisada / contemporánea e está de xira regularmente por todo o mundo .
Ingar é membro das bandas Dans Les Abres, Mural, Huntsville, No Spaghetti Edition, Flore de Cataclysmo,O3, Looper, Muta ou Labdfield entre moitas outras.
Ademais de traballar con grupos fixos tamén participa en actividades ad hoc con outros músicos e compositores como:
Jim O’Rourke, Derek Bailey,John Butcher, Otomo Yoshihide, Jaap Blonk, Mats Gustafsson,Agustí Fernández, Mazen Kerbaj, Evan Parker, John Tilbury ou Kevin Drumm, entre moitísmos outros.
É ademais cofundador dos excelentes selos Sofa e Sillón
http://www.ingarzach.com/

Alexandre Losada traballa nas marxes das músicas improvisadas, empregando a súa guitarra (preparada moitas veces) coma fonte infinita de sons agochados, fráxiles. Emprega a guitarra para torturala, agarimala, retorcela e facerlle cóxegas coas súas estranas técnicas, nun proceso cheo de sutileza pero que non escapa da crudeza e da enerxía.

Pedírase unha axuda de entre 5 e 8 para cubrir os gastos dos músicos

A foto é de Ariele Monti