13 mayo 2016

Iniciación á música electrónica por Nacho Igmig



obradoiro

Sábado 14 de maio

OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á MÚSICA ELECTRÓNICA

Impartido por: Nacho Muñoz aka madamme cell
Nivel: iniciación
Duración: 4 h
Horario: de 10h a 14h
Prezo: 30 euros Y/ 25 euros socios mutantes

DESCRICIÓN
O obxectivo deste taller é coñecer todos os procesos que se dan na creación de música electrónica, dende a gravación de mostras de son ata a súa posterior mistura en tempo real. Coñeceremos como funciona o son dende as súas entrañas, crearemos instrumentos dixitais con Pure Data, gravaremos soniquetes polas rúas cos nosos móbiles e faremos sesións bailongas con Fruity loops ou Ableton Live.

PROGRAMA
CREACIÓN DE INSTRUMENTOS DIXITAIS: partindo de cero construiremos un pequeno sintetizador virtual. pasando por todos os procesos que conflúen na xeración de son por medios electrónicos.
SAMPLING :: Sairemos ás rúas a gravar para crear un arquivo propio de sons
EDICIÓN :: experimentaremos cos sons previamente gravados e aprenderemos os segredos básicos da edición (compresión, equalización, efectos, masterización)
REMIX:: Crea as túas propias bases, engade voz e instrumentos e prepara unha live session!

DESTINATARIOS
Está dirixido a todas as persoas, músicos e non músicos, que desexen coñecer cómo funciona a música electrónica para crear as súas propias sesións. Non se require experiencia musical previa
MATERIAL INCLUÍDO
material audiovisual/ligazóns de interese, instrumentos electrónicos analóxicos (sinte, looper, etc)
NECESIDADES
Levar un computador portátil con memoria libre e un móbil para gravar sons.

RESERVA A TÚA PRAZA EN: actividades.liceomutante@gmail.com

Guardar