5 mayo 2021

Inn Oppiah [estradas esgotadas]



innopiah

Por fin! Logo dun sinfín de cancelacións e adiamentos obrigados, este sábado volta ó escenario do Liceo un clásico, unha lenda, unha das nosas: Inn Oppiah! Na súa data orixinal, o concerto plantexárase coma unha presentación de KONNF INN AKTION, o seu último disco, saído en outubro de 2020. Pero desta volta, dado o especial da ocasión logo de tanto tempo de agarda, ofrecerá un repaso de toda a súa xa extensa discografía. Para quen aínda non saiba de que estamos a falar, Inn Oppiah! é unha one-man band de punk enerxético e reivindicativo, pilotada por un tipo majísimo, xente boa e incombustible, curtido, como parte de distintos proxectos, en centos de escenarios de toda a península. Para o Liceo Mutante é toda unha honra e unha celebración da vida podelo ter por fin de volta este sábado.
https://innoppiah.bandcamp.com/album/kon-f-in-ktion
Entrada: donativo a vontade entre 5 e 10€ en beneficio, por vontade do artista, do Liceo Mutante
Reserva de entradas: anticipadas.liceomutante@gmail.com (especificar nomes e número de entradas)
Medidas anti-Covid: Aforo reducido. Durante o concerto non se poderá comer nin beber no interior do espazo. O público permanecerá sentado mantendo a distancia de seguridade. Agradecemos de antemán a vosa colaboración.