30 junio 2016

Isasa + Continente



13537578_1031730946902944_6586860171770415619_n

Hola peña!

Este venres día 1 abrimos o mes de xullo cun concerto ben bonito de chorar. Estarán con nós o madrileño Isasa, e o noso irmán Toño Rodríguez co seu novo proxecto «Continente».

Isasa é o proxecto unipersonal do madrileño Conrado. Músico tan experimentado como reputado que nos presenta aquí unha colección de temas acústicos instrumentais que invitan a mirar cara adentro collidos da man duns arpexios milimetricamente dirixidos aí onde doe e dá gusto.

https://isasa.bandcamp.com/

Continente é o novo pseudónimo do enésimo proxecto musical de Toño Rodríguez. Prolífico e audaz compositor que xa conta cuns cantos proxectos ás súas costas nos que destacan a coidada instrumentación e a lírica costumista cargada de ironía das súas letras. Acompañado desta vez unicamente da súa guitarra e voz, interpretará temas de Marrones Burócratas, doutro novo proxecto «Peña», e algunha peza de nova factura.

Escoita aquí a súa última referencia como Marrones Burócratas: https://marronesburocratas.bandcamp.com/album/mundo-libre

Todo isto por só 5 € da risa de donativo para os músicos.. Teremos comida e bebida a prezos populares coma sempre.

Agardámosvos!

Guardar