24 abril 2017

Isasa e Daniel Ardura



Isasa1
danielardu

Martes 25 de abril ás 20.30

Amamos a Conrado Isasa. Un home armado cunha guitarra, unha maleta de emocións, paciencia, saber estar, o repouso preciso para achar sempre a nota perfecta, a canción definitiva, o son redondo. O de Conrado non é unha tontería, xa o vemos reseñado por todo o mundo, xirando día si e día tamén pola península e moito máis alá, e cada día máis admirado. Los Días, o seu segundo disco (La Castanya, 2016) é un tratado sobre o tempo. Adícate un tempo a ti mesma e dalle unha escoita: https://lacastanya.bandcamp.com/album/los-d-as

Daniel Ardura é a voz e cara visible de Alado Sincera e Repetidor, un perversor constante do xogo de guitarra e voz na onda doutros míticos coma Roldán ou AA Tigre. O seu primeiro disco ven de ser publicado e mola moito 🙂 https://repetidordisc.bandcamp.com/album/voltereta

Será no xardín? Iso non o sabe ninguén…pero o que si sabemos e que marcharás emocionada. Entre 5 e 8 € para que os artistas sigan o seu camiño é o que se solicita. Todo por nada.

Guardar