Mércores 28 de marzo ás 20.30: Jamie 4 President + Descubriendo a Mr. Mime
Jaime 4 President é un proxecto xeográficamente inquedo: Fúndase en Sant Feliu de Guíxols pero Jaime R. Green (Wild Animals) vive en Madrid, creceu en Málaga (Coma Pablo González, tamén en Fuckaine) e naceu en Leeds, xa en Sant Feliu súmanse Xavi Calvet (Bullitt) e Borja Pérez de Pozo (Please Wait) para dar a forma final á banda. A sensibilidade británica mistúrase co efecto dos raios do sol para entregar o impecable indie noventeiro que podemos atopar en “The Heartbreak Campaign”, un primeiro disco coeditado por BCore, La Agonía de Vivir, Discos Finu, Pifia Recs e Waterslide Recs (Japón). Ecos de emocore e power pop guitarreiro que fan pensar nos Jimmy Eat World do Clarity, Fountains Of Wayne ou Redd Kross pasados polo filtro da actitude punk.
https://jamie4president.bandcamp.com/
Descubriendo a Mr. Mime veñen dende Madrid e son practicantes fieis de un screamo agresivo que distorsiona a luz ata tornala escuridade e que flipará ós amantes de Envy, Orchid ou Comadre. Veñen co seu último artefacto «F» baixo o brazo, que eles mesmos definen coma “…un disco basado nunha viaxe a través de sete cancións que comezan na profunda oscuridade da noite para acabar cos cegadores raios do sol da mañana. O seu título fai referencia ó número F dos obxectivos fotográficos, é dicir, a cantidade de luz que entra nos momentos que queremos gardar da nosa vida.”
https://descubriendoamrmime.bandcamp.com/
Soa ben o plan, non? POIS ENTÓN! Non quedes na casa mirando outra vez ese cadro do paiaso triste, o día seguinte é festivo e semella que vai ser unha noite para o recordo. Por un donativo de entre 5 e 8 euros destinados ás bandas coma sempre, e haberá ceniña a bó prezo despois dos bolos.