Venres 30 de outubro ás 20.00: Jay + Dois + The Vog
O Liceo Mutante énchese de orgullo para anunciar que teremos un venres épico:
JAY son 4 jichos de Vigo, míticos xa de bandas como Anenome, Disco Las Palmeras!, Yese Wese, Sally Said So, Bye Bye Kittie, Manolo Tena o Arduzuria… Canalizan o ruído por canais inexplorados. Beben de diferentes manantiais musicais que van dende o dub ata o punk, as coplas ou o jevi metal. Jay xogan con texturas ás que ningún outro grupo chega. Jay son vida. Jay fan o que queren sen agardar que che guste, e iso vólvenos tolos. Presentaran os temas de “Los colegas no te olvidan”, a última referencia do selo Discos Humeantes.
Escoita “Los colegas no te olvidan”: https://discoshumeantes.bandcamp.com/album/jay-los-colegas-no-te-olvidan-lp
Escoita “Vacaciones en Vitenam”: https://discoshumeantes.bandcamp.com/album/jay-vacaciones-en-vietnam-lp
Vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=FwuKdIp4qC8
DOIS son a sensación de Seara Records. Fai case un ano saía á luz o seu primeiro EP que causou furor en Coia, en Cambados e en Nova Orleans. Pop lo-fi feito nun garaxe, con melodías que non vas quitar da cabeza durante 6 días. Dois non son dous, son máis. Dois somos todos. E teñen temas noviños!
Escoita “Dois EP” aquí: https://seararecords.bandcamp.com/album/dois-ep
THE VOG teñen entre os seus pasatempos favoritos ver chover, saír de noite, comer xeados de drácula e facer música. Se xuntas todo iso sae Absence EP, unha compilación de electrónica escura que nos transporta ós ’80. Rollo tranquilote, de pouca luz e moita néboa. Tremede con eles!
Escoita “Absence EP”: https://thevog.bandcamp.com/
Todo este exquisito menú por tan só 5 eureles que, coma sempre, irán íntegros para as bandas.
Apertura de portas: 20:00h
Comezo: 20:30h