1 mayo 2017

Jay + Kings of the beach



jay

Venres 5 ás 20.30

Menos corpóreos, máis reais!! Os ínclitos vigueses Jay volven á carga co seu “Fuimos Nosotros” (Matapadre, 2017). Dende o seu segundo disco “Los Colegas No Te Olvidan” cambiou o conto, e tanto! De postpunk escuro, industrial e escurridizo a formas etéreas entre a psicodelia, a electrónica e o rock do futuro, esta peña voa ceibe e non parecen ter teito!

Mira o novo de Jay:

Aquí o disco completo:
http://www.rockdelux.com/audio-video/p/jay-fuimos-nosotros.html

E, de regaliño, tamén se apuntan os Kings of the Beach. Os rapaces máis pretendidos da pandilla viguesa visitarán o Liceo por primeira vez cos seus colegas Jay. Xunta aos Sonics, os Kinks, noite, verán, praia, troula…e resúmese nesta novísima banda, que ten pinta de arrasar.
https://kingsofthebeach.bandcamp.com/

Atende!! 5-8€ de rigor para os artistas e festa asegurada. Máis por menos, non hai maneira.

Guardar

Guardar