Sábado 4 de maio
JAY son catro rapaces vigueses que gustan de regar o rock psicodélico de ruido e trallazos punk. Puntais do colectivo A Seara, darán que falar co seu disco debut «Vacaciones en Vietnam» (Discos Humeantes) que condensa en formato físico a experiencia de velos en directo: Orixinalidade sen medo, salvaxismo, experimentación e temazos:
http://www.rockdelux.com/audio-video/p/jay-vacaciones-en-vietnam.html
http://seararecords.bandcamp.com/album/mangia-ep
https://www.facebook.com/pages/Jay
TRAVESTI AFGANO son Trompicallo, Cipricolas e Cipuesco,(Din que andan metidos noutros comandos coma Lobishome ou Sr.Anido) «muyahidíns da sexualidade e amor libre» que están a piques de publicar «Yo se la chupé a Mark E. Smith» en Seara Records, un artefacto cheo de temazos que falan de porcalladas, rapazas e cousas importantes :
http://seararecords.bandcamp.com/album/yo-se-la-chup-a-mark-e-smith
https://www.facebook.com/TravestiAfgano
Todo isto por 5 euros que irán coma sempre no Liceo destinados ás bandas. No noso local coma sempre comida e bebida a prezos afganos, así que xa sabes, vente prontiño que dende as 19.00 estaremos abertos e ás 20.00 comezaremos con puntualidade!