29 junio 2015

Jean Louis no Liceo Mutante



198928_10151445861651242_411637476_n

Sábado 4 de xullo ás 20.30
Jean Louis son un belga, un italiano e un francés.Viven en París e xuntos facturan unha música libre que bebe da enerxía do rock, da liberdade do free jazz e da tensión da improvisación.

Trompeta, contrabaixo, batería e electrónica son as armas que empregan para facer saltar os alicerces dunha música inflamable e libertaria de alta octanaxe rítmica, que os achega aos Melvins e a Varese, a Fela Kuti e a Fred Frith, ao Miles Davis eléctrico

Jean Louis levan anos repartindo cera polos escenarios europeos e colaboraron con xente tan querida nesta casa como Zu, Blurt ou Akosh S.

Non debedes perder á primeira visita a Galicia deste trío quebracabezas, por só 4 € que lles axudarán a continuar no seu periplo.

https://jeanlouis.bandcamp.com/