1 octubre 2012

Joaquín Pascual + Os Amigos dos Músicos no Liceo!!



Venrres 5 de outubro ás 21:00 (puntual)
Hai moito que dicir sobre Joaquín Pascual?Para os que xa temos unha idade o nome que nos ocupa fai mención a algunhas das formacións mais recoñecidas da historia da música popular española. Comezando por Surfin’ Bichos, pasando por Mercromina e rematando en Travolta, é raro alguén da nosa idade que non cantase, bailase ou ligase con algunha das súas cancións.

Nesta ocasión ven a Galiza e quere coñecer a nosa proposta e regalarnos unha noite inesquecible. Presentará o que xa é o seu terceiro disco en soli

tario coa súa banda.Será acompañado pola formación ourensá Os Amigos dos Músicos, que xa nos deleitaron co seu delicado folk na aínda palpitante Disquefesta.

Toda unha experiencia por un donativo solicitado polos músicos de só 5 euros (recorda que o Liceo é unha entidade sen ánimo de lucro e polo tanto traballamos para eles) e só para socios, non olvides o teu carné! Facerse socio é gratis e levarache nada mais que un minuto na porta.

Haberá un número limitado de entradas anticipadas no propio Liceo, a Pega Moura e o Gato Gordo.

Comezamos ás nove, non vos perdades polo camiño!