21 octubre 2013

Julieta virtual + A caixa negra



Julietavirtual e un proxecto desenvolvido por Anómico Teatro, baixo a premisa da interrelación de materiais coma vídeo, danza, teatro e performance.

O texto dende o que se parte, subtitulado “Cómo emular a Heiner con un desatascador”, é un panfleto escrito en verso, abertamente político e que resucita a Julieta de Shakespeare para crear un virus de xustiza na rede. Julietavirtual xoga con distintos planos de realidade/virtualidade, realidade/parodia, e realidade/simulación, creando un universo escénico onde o emitido en directo confúndese có emitido en diferido. Un discurso de denuncia sobre o mundo que estamos construíndo.
A actriz fala có corpo e cuspe a súa mensaxe aos espectadores, fálalles ao oído ou provócalles coa súa actitude irreverente no medio das cadeiras ou dende o balcón que Julieta busca con obsesión, nunha Terra irrecoñeciblemente en decadencia. A súa vontade de dar voz ó desafogo vivifica a palabra e a converte en auténtica.

“Soy Julieta.
Fenecida y viviente.
En un mundo de luces
donde nunca los hombres son iguales a la luz de las farolas”

ESCRIBE E DIRIXE: Julio Fernández Peláez
ACTÚA: Eva Alfonso
ILUMINA: Antón Ferreiro
Coa colaboración de Zaida

———————————-

Teatro Radiofónico “CAIXA NEGRA”

A partir do caso de «A seita do Karate» e cun formato entre a radioficción e a escena, a obra desenvólvese en torno a unha gravadora de audio, a auténtica «Caixa negra» á que fai referencia o título. Deste xeito, toda a peza ha de afrontarse seguindo as indicacións que se inmiscen entre as palabras, pulsando as teclas de avance, pausa, parada, avance rápido e rebobinado.
Publicado na R.G.T. n.74: http://ow.ly/pUTKd

Á LECTURA:
– Eva Gontad
– Fernando Epelde

Lembrade ser puntuais e vir abrigadiños.
Os socios mutantes acceden coma sempre de balde e os socios Y cun simbólico donativo de só cinco euros tamén poden vir a desfrutar desta sesión doble de puro teatro

Agardámosvos!