30 enero 2014

Juventid Juché + Fantasmage+ Travesti Afgano



Juventud Juche
fantasmage+
travesti

Venres 31 de xaneiro ás 20.30 PUNTUAL!!!!!!!

Mimadriña!
Menudo triple concerto para rematar xaneiro! Trémenme as mans ó escribir e o suor enchoupa as teclas do meu ordenador. A ver se consigo escribir todo o que vos teño que dicir antes de morrer electrocutado.
Imos por partes:

JUVENTUD JUCHÉ
Dende Madrid, un dos directos máis intensos, punzantes e precisos que veredes en moito tempo. Voz impertinente, guitarras limpas e cortantes coma coitelos Ginsu, liñas de baixo tan vertixinosamente serpenteantes coma o Dragon Khan e baterías sólidas e xoguetonas coma a mona Chita. O resultado: un post-punk enerxético e bailongo que pode recordar en ocasións a Minutemen, a Mission of Burma e cousas polo estilo. Esta banda vai como… como… mmm… COMO UN PEPINO!
http://juventudjuche.bandcamp.com/

FANTASMAGE
É necesario escribir algo de Fantasmage a estas alturas? Hai algo que non se dixera xa? Quen quere chupar unhas hostias?
http://fantasmage.bandcamp.com/

TRAVESTI AFGANO
Os apóstolos do surf apocalíptico. Seica teñen pensado entrar ó Liceo directamente dende a ría burlando as ondas montados en cachos de movidas raras (troncos podres, neveiras rotas, mesas vellas de chiringuito…) a modo de táboas. Con membros de Lobishome, Metralletas Lecheras, Sr. Anido…
http://travestiafgano.bandcamp.com/

Todo isto por 6€ que seguro que ías gastar en gominolas e cromos de Doraemon.
Que máis queres? Que te vaiamos buscar á casa ou qué?